A Xunta inviste máis de 38.600 euros á mellora da iluminación pública do polígono industrial da Uceira, na Caniza

A actuación permitirá mellorar a eficiencia do alumeado deste parque empresarial

A provincia de Pontevedra contará con 12 actuacións para a habilitación e modernización das infraestruturas dos parques empresariais, cun investimento superior aos 900.000 euros.

A Caniza (Pontevedra), 5 de outubro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou hoxe o polígono industrial da Uceira, na Caniza, onde a Xunta destinou 38.600 euros á mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública do parque.

A actuación forma parte das axudas da Xunta destinadas á habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais, co obxectivo de contribuír á modernización destes espazos e mellorar as condicións nas que desenvolven a súa actividade as empresas.

Durante a visita, o delegado territorial destacou a importancia de seguir investindo nos parques empresariais, xa que “son espazos fundamentais para favorecer a actividade económica e a creación de emprego nos concellos”. Neste sentido, puxo en valor a colaboración cos municipios para impulsar actuacións que permitan contar con áreas industriais máis eficientes e adaptadas ás necesidades das empresas.

No conxunto da provincia de Pontevedra levaranse a cabo 12 actuacións ao abeiro destas axudas, cun investimento total que supera os 900.000 euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/10/2026