A Xunta e o Concello de Santiso progresan na súa colaboración a prol da parcelaria

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2026

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse hoxe co alcalde de Santiso, Manuel Adán López, co fin de estudar a execución de procesos de concentración parcelaria no concello. Esta actividade consiste na agrupación de varias parcelas para unificalas nunha mesma finca de maior tamaño e mellor forma, en aras de reducir costes de explotación, mellorar as infraestruturas da zona e facilitar o cultivo, aumentando a produtividade. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/10/2026