Belén do Campo acompaña á Garda Civil na celebración relixiosa con motivo da festividade da súa patroa, a Virxe do Pilar na igrexa da Milagrosa
A Coruña, 12 de outubro de 2026
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañou hoxe aos membros da Garda Civil na celebración relixiosa con motivo da festividade da súa patroa, a Virxe do Pilar, na parroquia da Milagrosa e, posteriormente, tamén asistiu ao acto conmemorativo celebrado no acuartelamento da Garda Civil.
Belén do Campo quixo trasladar o seu recoñecemento e agradecemento a todos os integrantes da Garda Civil polo labor que desenvolven ao servizo da cidadanía e pola súa dedicación diaria á protección e á seguridade dos galegos e galegas.
A delegada reiterou o compromiso da Xunta de Galicia de seguir traballando e colaborando coa Garda Civil, así como co resto dos corpos e forzas de seguridade, para contribuír a unha Galicia cada vez máis segura e cunha atención próxima ás necesidades dos seus cidadáns.