Allegue participa nos actos da festividade da patroa da Garda Civil en Poio e Pontevedra
2026-10-12
/documents/35297/2314104/_G8A0035.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Pontevedra, 12 de outubro de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, e o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe nos actos de celebración da patroa da Garda Civil, a Virxe do Pilar, en Poio e Pontevedra. Tras asistir á misa oficiada no Mosteiro de San Xoán de Poio, Allegue participou nos actos celebrados na Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, durante os que impuxo unha condecoración ao maxistrado do Tribunal de Instancia Nº7 de Vigo, Santiago Rodríguez de Vicente Tutor.
Data de actualización: 12/10/2026