A Xunta remite para tramitación ambiental o Plan de ordenamento para ampliar o parque empresarial do Pousadoiro
O Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (Peose) permite planificar e ordenar as actuacións urbanísticas para dotar a Vilargarcía de Arousa de máis solo
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2026
A Consellería de Economía e Industria, vén de enviar para tramitación ambiental o borrador do instrumento de ordenamento para ampliar o parque empresarial do Pousadoiro en Vilagarcía de Arousa que actualmente ten unha superficie de case 209.000 metros cadrados.
O borrador do Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (Peose) que agora se remite á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para aprobación ambiental, permite planificar e ordenar as actuacións urbanísticas necesarias para a creación do polígono industrial, un desenvolvemento que está recollido no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia.
Trátase de axilizar o máximo posible o desenvolvemento de solo naqueles concellos e comarcas onde se pode continuar desenvolvendo economicamente a zona pero sempre con respecto aos trámites administrativos e medioambientais e intentando acompañar ao tecido produtivo.