Estabilizado un incendio forestal no concello coruñés de Camariñas, parroquia da Ponte do Porto

O lume iniciouse ás 22,19 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor das 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2026

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio rexistrado no concello coruñés de Camariñas, parroquia da Ponte do Porto, quedou estabilizado ás 08,29 horas de hoxe.

Este lume iniciouse ás 22,19 horas de onte e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor das 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, de xeito acumulado, 13 axentes, 13 brigadas, 12 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

 

Data de actualización: 18/10/2026