O conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático reuniuse co alcalde da localidade

A Xunta e o Concello de Abadín analizan cuestións de interese para o municipio en materia medioambiental

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2026

O conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático, Nicolás Vázquez Iglesias, e o alcalde de Abadín, José María López, analizaron hoxe nunha reunión celebrada en Santiago de Compostela diversas cuestións de interese para a localidade en materia medioambiental.

Neste senso, ademais de abordar cuestións relacionadas coa xestión dos residuos municipais, o conselleiro lembroulle ao rexedor que a Xunta convoca cada ano axudas nesta materia e que inclúen, entre outras, liñas de apoio para mellorar a recollida separada dos biorresiduos e dos refugallos téxtiles, modernizar e mellorar os puntos limpos fixos e móbiles ou avanzar no camiño da dixitalización dos servizos municipais relacionados coa recollida do lixo de orixe doméstica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/11/2026