A Xunta destaca a proxección do Optimilk Pro Cross Ponte Romana, que reunirá a vindeira fin de semana en Lugo atletas de primeiro nivel

Lugo, 27 de outubro de 2026

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, asistiu hoxe ao acto de presentación da novena edición do Optimilk Pro Cross Ponte Romana, que se celebrará a vindeira fin de semana do 31 de outubro e do 1 de novembro na contorna do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. A cita inclúe carreiras de categorías menores, relevos mixtos e probas absolutas e internacionais e contará coa participación de destacados atletas como o galego Adrián Ben e Alice Finot.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/10/2026