Ángeles Vázquez asiste ás tomas de posesión dos novos cargos da Consellería de Política Social e Igualdade
2026-11-03
/documents/35297/2334494/20261103+PoliticaSocial+TomasPosesion+3.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, asistiu esta mañá ás tomas de posesión dos novos altos cargos da Consellería de Política Social e Igualdade.
Ángeles Vázquez deu a benvida á nova secretaria xeral técnica, Carmen Bouso; ao novo director xeral de Persoas con Discapacidade, Perfecto Rodríguez; e á nova directora xeral de Promoción da Igualdade, Paula Uría. Do mesmo xeito, agradeceu o labor de María Francisca Gómez, Begoña Abeijón e Eloína Ingerto, que ocuparon estes cargos ata o de agora.
Data de actualización: 03/11/2026