O Servizo Galego de Saúde publica a relación definitiva das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario
Xeráronse un total de 6.401 inscricións
Resultaron admitidos 6.281 aspirantes
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026
O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde na que se dá a coñecer a relación definitiva, coa orde de prelación e a puntuación obtida polos aspirantes admitidos no proceso de elaboración das listas de selección temporal das seguintes categorías: médico especialista en medicina do traballo, facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopedista, odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional, traballador social e dietista-nutricionista.
En total xeráronse 6.401 inscricións e resultaron admitidos 6.281 aspirantes.
O total de aspirantes admitidos por categorías foron: 19 en médico especialista en medicina do traballo, 184 en facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, 971 en farmacéutico de atención primaria, 1.849 en fisioterapeuta, 344 en logopedista, 419 en odontólogo de atención primaria, 534 en terapeuta ocupacional, 1.601 en traballador social e 360 en dietista-nutricionista.
O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de dúas en médico especialista en medicina do traballo; 19 en facultativo especialista de área de psicoloxía clínica; 83 en farmacéutico de atención primaria; 91 en fisioterapeuta; 35 en logopedista; 19 en odontólogo de atención primaria; 43 en terapeuta ocupacional; 204 en traballador social; e 60 en dietista-nutricionista.
As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
De modo excepcional para estas categorías, dada a proximidade da data de publicación destas listas definitivas coa data final de dispoñibilidade da inscrición en estado editable no programa FIDES/expedient-e, os aspirantes que desexen realizar algunha modificación na súa inscrición de cara ao próximo proceso de actualización de listas, que terá lugar ao longo do ano 2027, poderán realizala ata o 30 de novembro do 2026.
As listas entrarán en vigor a efectos de chamamentos o día 10 de novembro de 2026.
Próximas publicacións
Proximamente publicaranse as listas definitivas das seguintes categorías: albanel, bibliotecario, calefactor, carpinteiro, condutor, costureiro, electricista, enxeñeiro biomédico, enxeñeiro técnico, fontaneiro, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, lavandeiro, mecánico, pasador de ferro, perruqueiro, técnico de grao medio en biblioteconomía e documentación, técnico de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico superior en ciencias da información, técnico superior en prevención de riscos laborais, técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información e telefonista.