Diego Calvo recibe a consulesa xeral de Francia en Bilbao

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu hoxe a nova consulesa xeral de Francia en Bilbao e na circunscrición do norte de España, Typhaine Biard Hamon, nun encontro no que se abordaron as relacións bilaterais entre Galicia e Francia. Na xuntanza, Typhaine Biard Hamon estivo acompañada pola consulesa honoraria de Francia en Santiago de Compostela, Nellie Meunier. O encontro enmárcase na rolda de visitas da consulesa xeral á Comunidade galega.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/11/2026