A Xunta expón en Zaragoza o traballo de Galicia para impulsar o comercio local
Zaragoza, 10 de novembro de 2026
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participa hoxe en Zaragoza na mesa de directores xerais de comercio das distintas comunidades autónomas e, coincidindo con esta cita, asistirá esta tarde á entrega dos Premios Nacionais de Comercio Interior. Alí deuse conta do traballo das comunidades en materia de comercio, no caso de Galicia, ao abeiro do Plan estratéxico 2025-2030. Ademais, abordouse a necesidade de acadar acordos entre as comunidades autónomas e o Goberno central co fin de configurar un mapa de comercio de toda España que recolla datos dos establecementos comerciais. Tamén para optimizar o máximo posible medidas de dinamización comercial tan consolidadas en Galicia como o bono Activa Comercio.
Neste contexto, Gabriel Alén, puxo de relevo a importancia da colaboración entre as distintas administracións públicas e axentes implicados do sector na defensa, fomento e mellora do tecido comercial, como reforzo das mesas locais xa existentes. Unha suma de sinerxías, subliñou, que contribúe a potenciar e incrementar a competitividade, a visibilidade e a gobernanza do comercio.