Ángeles Vázquez reafirma o compromiso do Goberno galego co benestar da infancia e as persoas vulnerables

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, mantivo unha xuntanza coa presidenta de Unicef Galicia, María Montalvo, e outros membros da directiva. Nesta primeira toma de contacto coa entidade, reafirmou o compromiso do Goberno galego coas entidades que traballan polo benestar da infancia e das persoas vulnerables.

Durante o encontro, puxo en valor o traballo que desenvolve desde hai décadas Unicef para mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas en situación de desprotección. Un traballo que definiu como fundamental para que a sociedade galega sexa cada vez máis inclusiva, xusta e solidaria.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/11/2026