A directora xeral de Administración Local realiza unha visita institucional ao concello de Portas

Portas (Pontevedra), 12 de novembro de 2026

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, realizou hoxe unha visita institucional ao concello pontevedrés de Portas. No marco desta visita, coñeceu as melloras en accesibilidade que se levaron a cabo na casa consistorial ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental.

O Fondo de Compensación Ambiental permítelles aos concellos actuar na mellora do medio natural. As accións desenvolvidas deben impulsar a eficiencia e o uso sustentable das enerxías renovables, e, en xeral a protección do medio natural, centrándose na conservación da biodiversidade, no fomento do coñecemento e da utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais, e na recuperación do medio natural degradado ou contaminado. A maiores, cobre tamén os gastos do persoal vinculado.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/11/2026