Medio Rural avanza no desenvolvemento de actuacións silvícolas con obxectivos ambientais en Pontecesures
2026-11-12
/documents/35297/2343145/20261112_LuisaPi%C3%B1eiro_Pontecesures.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Pontecesures (Pontevedra), 12 de novembro de 2026
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, visitou hoxe o monte de utilidade pública Salgueiras, no concello pontevedrés de Pontecesures, onde se están a desenvolver actuacións silvícolas de frondosas con obxectivos ambientais.
Así, os traballos consisten na realización de rozas e podas nunha masa de frondosas caducifolias, composta principalmente por carballos e bidueiros. A maiores, actuouse en faixas auxiliares de pista co obxectivo de favorecer a rexeneración natural de frondosas.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 12/11/2026