A Xunta traslada á confraría de Cedeira a súa disposición a seguir traballando para velar pola sostibilidade do sector marisqueiro
2026-11-12
/documents/35297/2343145/20261112DXDPReunionCedeira+%282%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2026
O director xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, David Gómez, mantivo hoxe unha reunión con representantes da confraría de pescadores de Cedeira para coñecer de primeira man as súas preocupacións e necesidades ante a situación que atravesa a actividade marisqueira na ría.
Durante o encontro o responsable da Dirección Xeral trasladou a disposición da Consellería do Mar a seguir traballando da man do sector na procura de alternativas que contribúan á recuperación da actividade e á diversificación dos recursos marisqueiros, mantendo aberto o diálogo para avaliar posibles vías de colaboración.
Data de actualización: 12/11/2026