Ángeles Vázquez destaca o carácter de proximidade dos CIM na prevención, sensibilización e detección da violencia de xénero
Marín (Pontevedra), 12 de novembro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, acompañada do director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, e da directora xeral de Promoción da Igualdade, Paula Uría, visitou o persoal do Centro de Información á Muller (CIM) de Marín. Durante o encontro, destacou o carácter próximo destes recursos que son esenciais para a prevención, sensibilización e detección da violencia de xénero.
Neste sentido, explicou que os CIM son imprescindibles xa que “moitas veces son a primeira porta á que acoden as vítimas de violencia machista”, onde recibirá atención, asesoramento e acompañamento de profesionais; polo que, trasladou o agradecemento do Executivo galego a todo o persoal destes recursos polo seu labor imprescindible.