O delegado territorial anima á veciñanza a sumarse como voluntaria á Protección Civil

Pablo Fernández visitou as instalacións da corporación de Pontevedra e puxo en valor traballo que levan a cabo os voluntarios e voluntarias

Pontevedra, 16 de novembro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou hoxe as instalacións de Protección Civil de Pontevedra. Durante a visita, puxo en valor o compromiso, a dedicación e a vocación de servizo dos voluntarios e voluntarias, destacando o papel fundamental que desempeñan na prevención, na atención ás emerxencias e na colaboración co resto dos servizos de seguridade.

Así mesmo, animou á cidadanía a dar o paso e integrarse nesta corporación, lembrando que formar parte de Protección Civil é unha maneira directa de contribuír ao benestar colectivo e de axudar aos demais.

O delegado agradeceu expresamente o tempo e o esforzo que estas persoas dedican de maneira altruísta a garantir a seguridade dos veciños e veciñas, e incidiu na importancia de seguir fortalecendo estas agrupacións, que constitúen un apoio imprescindible para os concellos e para toda a sociedade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/11/2026