O CIM móbil da Xunta ofrece en Antas de Ulla un obradoiro de sensibilización interxeracional para previr e detectar condutas machistas
Antas de Ulla (Lugo), 19 de novembro de 2026
O Centro de Información á Muller (CIM) móbil da Xunta ofrece este xoves un obradoiro de sensibilización en Antas de Ulla de carácter interxeracional para toda a veciñanza. O obxectivo é achegar á poboación ferramentas e medidas para previr e detectar condutas machistas.
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, visitou pola mañá os participantes desta iniciativa e agradeceu o labor do persoal do CIM móbil para impulsar iniciativas próximas á veciñanza e que permitan obter unha resposta coordinada fronte ás violencias machistas, especialmente nas zonas rurais.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 19/11/2026