A Xunta leva a 'Xantar' o proxecto transfronteirizo Digital_Expo a prol da dixitalización do comercio

Ourense, 20 de novembro de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na sesión demostradora do proxecto transfronteirizo Digital_Expo que tivo lugar no marco do 27º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar. Baixo o lema Dixitalización de comercios: da venda ao stock, esta xornada serviu para presentar ferramentas tecnolóxicas coas que optimizar a xestión comercial e mellorar a competitividade dos negocios locais.

A sesión forma parte do plan de accións formativas e encontros que se están realizando sobre a iniciativa e que teñen como obxectivo impulsar a transformación dixital e reforzar a competitividade do sector comercial da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal. Digital_Expo é un proxecto de cooperación transfronteiriza liderado pola Xunta no que tamén participan Expourense, a Universidade de Vigo e as cámaras municipais de Viana do Castelo, Ponte de Lima e Arcos de Valdevez. Cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Interreg VI-A España-Portugal (Poctep) 2021-2027, desenvolverase ata o 31 de decembro de 2027 cun orzamento de máis de 1 M€.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/11/2026