Medio Rural avanza no desenvolvemento de actuacións para previr incendios forestais en Ortigueira

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo no día de hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde do concello coruñés de Ortigueira, Valentín Calvín, con quen avaliou o grao de execución das actuacións que se están a levar a cabo neste concello para favorecer a prevención dos incendios forestais na zona.

Entre outras cuestións, tamén avaliaron a posibilidade de establecer novas liñas de colaboración para apoiar a celebración de eventos que potencien o sector agroalimentario da localidade, como é o caso da XXXVI Feira do Mel de Ortigueira.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/11/2026