A conselleira de Política Social e Igualdade visitou a residencia Os Gozos

Ángeles Vázquez define a Fundación San Rosendo como entidade de referencia do modelo de atención galego

Destacou que se trata dunha entidade que conforma unha importante rede de apoio tanto ás persoas con discapacidade como aos maiores

O Pereiro de Aguiar (Ourense), 26 de novembro de 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá a residencia Os Gozos da Fundación San Rosendo, no Pereiro do Aguiar. Alí, coñeceu as instalacións do centro e os proxectos nos que traballan, destacando o seu traballo como referente no modelo de atención galego.

Ángeles Vázquez destacou que a Fundación San Rosendo conforma unha importante rede de apoio tanto ás persoas con discapacidade como aos maiores. Deste xeito, explicou que o seu labor vai máis aló da atención, sendo fundamental -dixo- a súa aposta por consolidar empregos no rural.

Neste sentido, a conselleira puxo en valor que “gran parte da rede de recursos da fundación se centra no medio rural”, ofrecendo así servizos de proximidade en todo o territorio. Por iso mesmo, agradeceu o seu labor e trasladou o compromiso do Goberno galego para seguir traballando da man na conformación dunha Galicia máis inclusiva e comprometida co benestar.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/11/2026