O 061 de Galicia asistiu 72 persoas por 52 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do xoves, 13 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 15 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 60 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 16 de xaneiro de 2023 Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 72 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do xoves, 13 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 15 de xaneiro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 31 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 60 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 72 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 66 % e do 34 %, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 26 % dos atendidos tiña entre 15 e 29 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 22 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
21
Lugo
7
Ourense
2
Pontevedra
22
Galicia
52

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 65. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 53 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.

En 55 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 16 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/01/2023