O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, supervisou hoxe a nova senda na estrada AC-214, na Xira e Sigrás, cuxas obras están practicamente concluídas

A Xunta completa 2 quilómetros de itinerarios peonís nos concellos de Cambre e de Culleredo para favorecer unha mobilidade segura e sostible, tras un investimento de máis de 1,8 M€

A senda na Xira e Sigrás, cun investimento de preto de 880.000 € e unha lonxitude de 720 metros, conta cunha sección adaptada á configuración da vía, que ten edificacións nas marxes

As obras deste itinerario inclúen a execución da drenaxe, da sinalización vertical e horizontal, e o acondicionamento de dúas das paradas de autobús

A actuación completa o conxunto de sendas acometidas na AC-214, entre A Xira e Cambre, cun orzamento autonómico de case 600.000 €; e na AC-213, na Telva, cun investimento da Xunta de 380.000 €

Estas intervencións, ademais de mellorar a mobilidade nas zonas de Cambre, Sigrás, A Xira e A Telva, conectan coas sendas do río Mero e, polo tanto, coa ría do Burgo
 

Cambre (A Coruña), 15 de febreiro de 2023.-

A Xunta completa 2 quilómetros de itinerarios peonís en estradas autonómicas dos concellos de Cambre e Culleredo para favorecer unha mobilidade segura e sostible, tras un investimento de máis de 1,8 M€.

 

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, supervisou hoxe a senda que a Xunta vén de concluír na estrada AC-214, en Sigrás, entre os puntos quilométricos 8+500 e 9+260.

 

Sinalou que esta intervención, cun investimento autonómico de preto de 880.000 euros, está terminada, salvo pequenos detalles de remate e o retranqueo dalgún poste por parte das compañías provedoras de servizos.

 

Executouse un itinerario, duns 720 metros de lonxitude, con pavimento de formigón e unha sección variable adaptada á configuración da estrada, que conta con edificacións nas súas marxes.

 

Ademais, ampliouse a calzada entre os puntos quilométricos 8+860 e 9+280, xa que a sección era insuficiente, e acadáronse dous carrís de 3 metros e beiravías de 0,5 metros.

 

Esta senda complementouse coa execución da necesaria drenaxe, sinalización vertical e horizontal, balizamento e defensas e acondicionamento de dúas das paradas de autobús.

 

O director explicou que esta actuación lle dá continuidade ás sendas xa acometidas no ano 2022 na mesma estrada AC-214, entre A Xira e Cambre, cun orzamento autonómico de case 600.000 euros; e na AC-213, na Telva, cun investimento da Xunta de preto de 380.000 euros.

 

Estas intervencións enmarcadas no Plan de sendas de Galicia para a comarca da Coruña, ademais de mellorar a mobilidade nas contornas de Cambre, Sigrás, A Xira e A Telva, conectan coas sendas do río Mero e, polo tanto, coa ría do Burgo.

Estas actuacións contan co financiamento dos fondos europeos FEDER React-UE como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19 dentro do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/02/2023