Trenor felicita aos alumnos do IES Ramón Menéndez Pidal pola calidade da súa exposición realizada en colaboración co Museo de Belas Artes

A Coruña, 16 de febreiro de 2023 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na inauguración da exposición Os Nosos Ollos realizada polos alumnos do IES Ramón Menéndez Pidal en colaboración co Museo de Belas Artes. Os escolares exponen réplicas das obras do museo, seleccionadas por eles mesmos, e coa interpretación das mesmas, actuando como comisarios da mostra.

O representante do Goberno galego apuntou que “a exposición que hoxe presentamos é o exemplo de como os museos van evolucionando ante os novos retos da sociedade e ante a nova educación ofrecendo vías de colaboración diferentes” Neste senso, subliñou que o gran éxito desta iniciativa é que permitiu aos alumnos expresar as súas emocións e sentir este museo como propio.

A exposición está aberta ao público de forma gratuita en horario lectivo do centro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/02/2023