O programa de ocio educativo Día da Xuventude terá como próximas paradas Muros, Bande e Santa Comba
En cada unha das xornadas haberá xogos, actuacións musicais e obradoiros de empregabilidade, de igualdade de xénero, de sensibilización medioambiental, de gastronomía saudable e de lecer educativo, entre outros
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2023 O programa de ocio educativo `Día da Xuventude’ da Xunta de Galicia chegará mañá a Muros, o sábado celebrarase en Bande e o domingo desenvolverase en Santa Comba. Estas son as próximas paradas desta iniciativa que recalará nunha trintena de concellos ata o vindeiro mes de abril.
A través deste programa, ofrécese ás mozas e mozos un amplo abano de actividades gratuítas, como obradoiros dinámicos de cociña saudable, de grafitti ou sobre igualdade de xénero, ademais de actividades relacionadas coa protección do medio ambiente e a empregabilidade. As diferentes propostas lúdicas e formativas comezan ás 16:00 horas e se prolongan ata as 21.00 horas, e inclúen unha actuación musical a cargo de artistas ou grupos locais.
En canto ao lugar de celebración, maña en Muros será no curro da Praza. O sábado o escenario do ‘Día da Xuventude’ será a praza da Constitución de Bande e o domingo o emprazamento escollido é o mercado do gando do recinto feiral de Santa Comba.