A conselleira de infraestruturas e Mobilidade interveu esta tarde no Parlamento para abordar a continuidade desta infraestrutura, que suporá un investimento de arredor de 29M€ no treito ata a estrada de Camariñas

Ethel Vázquez subliña o compromiso inequívoco da Xunta coa prolongación da autovía da Costa da Morte, tras facilitar máis de 13 millóns de viaxes no treito en servizo desde 2016

Vázquez Mourelle destaca os Orzamentos da Xunta para 2023 recollen un investimento de 3,5 M€ para avanzar na continuación da autovía entre Baio e Vimianzo ata a estrada AC-432 que vai a Camariñas, cuxo proxecto xa se someteu a información pública


Explica que o tramo para continuar a autovía, entre Santa Irena e a AC-432, inclúe 6 km de trazado, 3 enlaces, 3 viadutos, 6 pasos superiores, 3 inferiores e 6 obras de drenaxe


Indica que o novo tramo prolongará o treito en servizo, que consta de 27 km e permite que 6.600 vehículos vexan mellorados cada día os tempos de percorrido e a seguridade
 

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2023

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, subliñou hoxe o compromiso inequívoco da Xunta coa prolongación da autovía da Costa da Morte ata a estrada de Camariñas, logo de que o treito en servizo desde 2016 facilitase máis de 13 millóns de viaxes aos usuarios.

A conselleira de infraestruturas e Mobilidade interveu hoxe no Parlamento de Galicia onde destacou que a Xunta reservou nos Orzamentos de 2023 un investimento de 3,5 M€ para avanzar na continuación da autovía entre Baio e Vimianzo ata a estrada AC-432 que vai a Camariñas, para o que xa se someteu o proxecto construtivo a información pública.

 

Explicou que se trata do tramo para dar continuidade á autovía da Costa da Morte, entre Santa Irena e a AC-432, sumando 6 quilómetros de trazado, pero de execución moi complexa, ao incluír 3 enlaces, 3 viadutos, 6 pasos superiores, 3 inferiores e 6 obras de drenaxe.

 

Destacou que a prolongación da autovía suporá un investimento autonómico próximo aos 29 M€, consignados nos orzamentos neste ano en nos seguintes.

 

Este novo tramo, segundo detallou a conselleira, daralle continuidade ao treito en servizo, que consta de 27 quilómetros e supuxo unha mellora substancial en tempo e seguridade para os seus usuarios.

 

Puxo en valor os 6.600 vehículos que percorren a autovía a diario, unha intensidade de circulación que nalgúns puntos, preto de Carballo, por exemplo, chega aos 7.400 vehículos, con topes, como os rexistrados o pasado mes de agosto, no que rolda os 9.200 vehículos ao día.

 

Ethel Vázquez fixo fincapé na aposta da Xunta pola vertebración do territorio, sumando desde 2009 un total de 220 km de vías de altas prestacións libres de peaxe, o que representa un incremento do 70%.

 

Neste sentido, grazas a este esforzo da Xunta, salientou que actualmente 8 de cada 10 galegos vive a menos de 15 minutos dunha vía de altas prestacións.

 

Incidiu en que o Goberno galego continúa traballando para seguir sumando quilómetros ás vías de alta capacidade libres de peaxe, tal como amosan as contas autonómicas de 2023, que recollen partidas de preto de 50 M€ para esta materia.

 

Así, ademais da prolongación da autovía da Costa da Morte, indicou que a Xunta traballa na continuación da AG-59 ata A Estrada, na segunda fase da conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria ou na vía de altas prestacións Tui-A Guarda.

 
Data de actualización: 22/02/2023