Política Social e Xuventude participa no 25 aniversario da Escola de Familias do colexio Pablo VI da Rúa

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, impartiu unha conferencia sobre a importancia de educar en Familia

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2023 O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe na Rúa á celebración do 25 aniversario da Escola de Familias do Colexio Pablo VI. Esta efeméride celebrouse cunha programación de actividades que, entre outras propostas, incluíu unha conferencia do propio director xeral.

Na súa intervención, Jacobo Rey abordou a importancia que ten educar en familia. A Xunta incrementa ano tras ano os recursos que destina a apoiar ás familias, sexan do tipo que sexan: monoparentais ou numerosas; e vivan onde vivan: nas cidades ou no rural. A este compromiso coas familias responden medidas como a gratuidade de todas as escolas infantís para o 100% do alumnado, a creación dunha ampla rede de casas niño en concellos onde antes non existía ningún servizo de conciliación ou a Tarxeta benvida para axudar aos fogares a afrontar os custes que supón o nacemento dun bebé.

Jacobo Rey tamén quixo felicitar ao centro educativo por poñer en marcha unha escola de familias que xa acumula unha longa traxectoria dedicada a axudar ás nais e aos pais. Este tipo de espazos permiten compartir inquedanzas, aprender pautas educativas e habilidades de comunicación que favorezan a convivencia e un entorno seguro para o crecemento dos nenos e adolescentes.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/02/2023