Máis de 200 novos funcionarios elixirán destino este mes tras superar o proceso selectivo da agrupación profesional de persoal subalterno da Xunta
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se convoca a elección de destino
2023-03-21
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2023
Máis de 200 novos empregados públicos elixirán destino este mes de marzo tras superar o proceso selectivo da Agrupación profesional de persoal subalterno da Xunta de Galicia.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se convoca a elección de destino provisional para aqueles aspirantes que superaron este proceso selectivo, en total, 205 persoas.
A adxudicación provisional de postos tamén se publicará no DOG, unha vez publicada, os aspirantes disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, a contar desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
O acto de elección de destino supón a parte final dun proceso selectivo. A medida que os procesos selectivos van concluíndo, a Administración convoca os actos de elección para que as persoas aspirantes que superaron dito proceso poidan elixir un destino entre todos aqueles que se lle ofertan.
Departamento:
C. de Facenda e Administración Pública
Data de actualización: 21/03/2023