O presidente da Xunta coñeceu hoxe as habitacións e consultas tipo que terá este hospital público
Rueda destaca que o Gran Montecelo será referente dun modelo hospitalario máis humano con instalacións amplas e acolledoras, con 720 camas, 120 máis que as actuais
Destaca que case o 60 % das habitacións serán individuais e que o novo centro contará co dobre de postos de urxencia e un 50 % máis de prazas no hospital de día
Pon en valor os novos servizos de radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica, xa que van permitir que 500 pacientes que cada ano tiñan que desprazarse a Vigo poidan ser tratados en Pontevedra
Resalta que está deseñado para atender as necesidades asistenciais de máis de 300.000 veciños de 26 concellos durante os próximos 50 anos
Confirma que se manteñen os prazos previstos de que estea rematado no 2024
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Gran Montecelo de Pontevedra será “hospital de referencia” pola súa aposta por un modelo de atención “máis humano” baseado en instalacións amplas, acolledoras e preparadas para as novas tecnoloxías. Ademais, subliñou que este centro é, na actualidade, a “grande obra de edificación” que está a facer o Goberno galego, xa que está deseñado para atender as necesidades asistenciais dunha poboación de máis de 300.000 habitantes de 26 concellos nos vindeiros 50 anos.
Mellorar as infraestruturas e tamén as condicións dos “magníficos profesionais”
Para concluír, o mandatario galego aclarou que este compromiso do Goberno galego coa sanidade pública non só se reflicte en mellorar as infraestruturas, senón tamén en mellorar as condicións dos “magníficos profesionais” cos que se conta, en referencia ás ultimas medidas dirixidas ao incremento das retribucións e compensacións salariais dos traballadores da sanidade pública; á convocatoria por concurso de méritos de 400 prazas de difícil cobertura; ou á oferta de contrato estable de tres anos a todos os residentes de familia cando rematen a especialidade.