A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,00 h. de hoxe
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2023 A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,00 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
LUGO | Baleira | Cubilledo | EST (desde as 11,09 h. de hoxe) | 5 TEC, 47 AX, 67 BR, 37 MB, 3 PA, 1 UTA, 4 AV e 5 HE | 1.400 | |
Alfoz | Lagoa | EST (desde as 11,51 h. de hoxe) | 1 TEC, 12 AX, 11 BR, 5 MB, 1 PA e 1 HE | 90 | ||
Viveiro | Vieiro | EST (desde as 22,44 h. de onte) | 2 TEC, 13 AX, 13 BR, 6 MB e 2 PA | 80 | ||
Taboada | Xián | EXT (ás 13,32 h. de hoxe) | 1 TEC, 7 AX, 13 BR, 8 MB, 1 PA, 3 AV e 3 HE | 8 (6 ha arboradas e 2 ha de monte raso) |
(1) SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Tec: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidade Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.