A Xunta informa en Ponteceso das oportunidades dos novos mercados de carbono

Ponteceso (A Coruña), 4 de abril de 2023 O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participou hoxe nun relatorio na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso sobre os retos e expectativas que supoñen os mercados voluntarios de carbono en Galicia. Alí expuxo en que consisten estes mercados emerxentes e cales son as oportunidades que se lles presentan aos titulares forestais sexan propietarios particulares ou comunidades de montes veciñais en man común.

A xornada veu motivada polo interese que este tipo de novos mercados está a espertar como “unha fonte de riqueza que axude a afondar na xestión forestal sustentable e activa, poñer en valor o rural e loitar contra o seu abandono”, en palabras do director.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/04/2023