A Xunta formaliza o contrato para executar as obras da 2ª fase de acondicionamento da AC-862, entre o Campo do Hospital e A Ponte Mera, cun investimento de máis de 6 M€
A actuación prevé iniciarse nesta primavera cun prazo de execución de 18 meses
As obras executaranse en 3 km para mellorar a seguridade viaria, coa rectificación de 13 curvas de radio reducido, cunetas de seguridade e carrís lentos de adiantamento
Tamén se instalarán barreiras para a protección de motoristas, a ampliación das beiravías e a renovación da sinalización, vertical e horizontal
A actuación completa a 1ª fase executada nun treito de 18 km da mesma estrada entre San Sadurniño e o Campo do Hospital
A Xunta formaliza o contrato para executar as obras da 2ª fase de acondicionamento da estrada AC-862, entre O Campo do Hospital e A Ponte Mera, cun investimento de máis de 6 millones de euros.
O contrato foi adxudicado á UTE Vázquez y Reino S.L.-Francisco Gómez y Cia S.L.
Tamén se prevé a rectificación puntual de 13 curvas de radio reducido, a rehabilitación do firme, a realización de cunetas de seguridade a modo de sobreancho practicable e a mellora xeral da vía coa ampliación da plataforma, dotando de carrís lentos treitos en pendente que permitan adiantamentos.
Tamén se procederá á retirada de toda a barreira nos treitos onde se comparta a sección coa plataforma actual, dado que se amplían as beiravías, e renovarase a sinalización horizontal e vertical en todo o tramo da actuación.