A directora xeral de FP supervisa a evolución do primeiro curso do centro integrado de Fontecarmoa

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 20 de abril de 2023 A directora xeral de FP da Xunta, Eugenia Pérez, achegouse esta mañá ao Centro Integrado de Formación Profesional, CIFP Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa, para supervisar o desenvolvemento dos proxectos formativos tras a conversión, este mesmo curso, nun Centro Integrado de Formación Profesional de Galicia.

O obxectivo da visita ten como obxectivo coñecer, de primeira man, o desenvolvemento do novo centro, das súas infraestruturas e da súa organización tras a incorporación de cinco novos ciclos e as novas familias profesionais Industrias Alimentarias e Servizos socioculturais e á Comunidade. A representante da Consellería de Educación aproveitou tamén para analizar coa comunidade educativa futuras novas vías formativas co fin de atender as necesidades presentes e futuras dos sectores produtivos da comarca arousá.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/04/2023