A Xunta leva a cabo en Pontevedra unha nova edición do ciclo Xacobeo Peregrinas coa participación de Amaranta Rodríguez, María Fontán e Desirée Vila

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto que tivo lugar esta tarde na sala de conferencias da delegación da Xunta na cidade capitalina

Xacobeo Peregrinas é un ciclo de conversas nas sete grandes cidades galegas levado a cabo por Turismo de Galicia en colaboración coa Fundación La Caixa

Pontevedra, 25 de maio de 2023

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro,  participou esta tarde nunha nova edición do ciclo Xacobeo Peregrinas, que contou coa participación da directora do restaurante Culler de Pau, Amaranta Rodríguez; a mariscadora, María Fontán e a atleta paralímpica, Desirée Vila.

 

Este ciclo de conversas protagonizadas por mulleres de excepcionais traxectorias en diferentes disciplinas profesionais tivo lugar esta tarde na sala de conferencias da delegación da Xunta en Pontevedra, onde Amaranta, María e Desirée compartiron experiencias co Camiño portugués e o turismo como fíos condutores do evento.

 

Mediante esta iniciativa, preténdese afrontar os dilemas e desafíos da sociedade contemporánea desde a perspectiva da diversidade e o diálogo a través dunha programación multidisciplinar capaz de unir a ciencia, a innovación, as artes, a música, o deseño, a arquitectura, o deporte, a gastronomía ou a filosofía gracias ás participantes convidadas.

Data de actualización: 25/05/2023