Lorenzana sinala que iniciativas como o UVigo Motorsport reflicten a aposta de Galicia pola innovación e o talento

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na presentación do novo monopraza UM23, desenvolto por estudantes da Universidade de Vigo que participará nunha competición estudantil a nivel mundial

Vigo, 4 de xullo de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou esta tarde na presentación do novo monopraza UM23 de Uvigo Motorsport, salientando que iniciativas coma esta reflicten a aposta de Galicia pola innovación e o talento, sendo así mesmo un símbolo da excelencia educativa da Comunidade.

O equipo de UVigo Motorsport, baixo a tutela da Escola de enxeñería industrial da Universidade de Vigo, é un proxecto docente e sen ánimo de lucro que persegue a aprendizaxe en diversas áreas da enxeñería mediante o deseño e fabricación de monoprazas tipo Fórmula e a competición con outras universidades europeas.

UVigo Motorsport é o único equipo galego de Fórmula Student, unha competición automobilística estudantil onde un cento de universidades de todo o mundo compiten en circuítos profesionais por ser a mellor escuadra. A iniciativa conta coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), facendo posible o acceso aos recursos tecnolóxicos desta entidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/07/2023