Martina Aneiros participa en Ferrol na cerimonia de xura de bandeira de máis de 300 mariñeiros das escolas Antonio de Escaño e da Graña presidida polo Ajema

Ferrol, 14 de xullo de 2023

A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, asistiu esta mañá á xura de bandeira do persoal de mariñeiría das escolas de especialidades Antonio de Escaño e Estación Naval da Graña que estivo presidida polo Almirante Jefe de Estado Mayor de la Armada (Ajema), Antonio Piñeiro Sánchez, no que foi un dos seus primeiros acto oficiais en Ferrol dende que tomou posesión do cargo.

Un total de 331 aspirantes a mariñeiros (80 mulleres e 251 homes) que están realizando a fase formativa en ambas escolas participaron na cerimonia que se desenvolveu na escola Antonio de Escaño.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/07/2023