Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 11.175 novas:
01/03/24 | 21:00  | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso co agro galego na entrega do premio Aresa de desenvolvemento rural á mostra exposición de Muimenta ‘Moexmu’

José González puxo en valor a longa traxectoria dos premios Aresa e da Moexmu no contexto do recoñecemento do esforzo, o traballo e o talento a prol do rural da nosa comunidade

01/03/24 | 20:15  | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca a Arribada de Baiona como evento que contribúe ao aumento da desestacionalización do turismo na comunidade

O pasado ano pechou con máis de 7 millóns de viaxeiros aloxados en establecementos turísticos e con importantes incrementos tanto na temporada media como baixa, cun 6% e 12% máis con respecto ao 2022, respectivamente

01/03/24 | 15:58

A Xunta e Repsol afianzan a colaboración en materia de FP Dual coa formación de 41 alumnos e un certificado de profesionalidade en Química Industrial

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións asina coa directora do Complexo Industrial da Coruña o convenio marco para esta acción

01/03/24 | 15:32  | C. do Mar

A Xunta de Galicia desactiva o Plan Camgal pola baixa incidencia de pellets na costa galega

Os técnicos do Cecop informaron que, a pesar das condicións oceanográficas dos últimos días favorables a novas entradas de granulado plástico á costa galega, non se apreciou novas chegadas significativas

01/03/24 | 15:25  | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a potencialidade dos produtos ecolóxicos galegos na Feira Biocultura

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, asistiron á inauguración deste evento que se celebra ata o vindeiro domingo en EXPOCoruña
 

01/03/24 | 15:15  | C. do Medio Rural

A Xunta anima a intensificar a colaboración público-privada no sector forestal galego a prol da valorización das frondosas

José González definiu esta liña de traballo como un “reto de futuro”, tendo en conta “a importancia que estas masas arbóreas teñen no territorio, na prevención de incendios, na sustentabilidade e na biodiversidade dos nosos montes”
 

01/03/24 | 15:04  | Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Alianza polo clima promovida pola Xunta suma o apoio de Iberconsa para seguir creando sinerxías na loita contra o quecemento global

Ángeles Vázquez incide na importancia do apoio de Iberconsa a esta acción pioneira que busca conectar ao tecido produtivo e social galego de cara a facer máis resiliente á Comunidade e establecer pautas de actuación para alcanzar a neutralidade climática

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: