As obras que culminarán a humanización da travesía da OU-154 no Reino, en Piñor, farán necesario un corte de tráfico desde o vindeiro luns
Esta intervención, que está a piques de finalizar, precisará do peche total da circulación entre os puntos quilométricos 1+550 e 2+025, desde o luns ata o venres
O corte é necesario para acometer un paso de peóns sobreelevado no punto no que o Camiño de Santiago cruza a estrada
A Xunta traballa co obxectivo de ter rematada esta actuación, no seu conxunto, a mediados de outubro, tras a achega dun investimento de preto de 300.000 €
A 2ª fase dos traballos, actualmente en execución, inclúe a humanización dos tramos, o soterramento das redes aéreas de electricidade, iluminación pública e telecomunicacións ou a disposición de luminarias de tecnoloxía led
Cos traballos actuais completarase a remodelación executada no treito entre os quilómetros 1+741 e 2+025 para protexer a circulación dos peóns e mellorar o firme
As obras que culminarán a humanización da travesía da estrada OU-154 no Reino, no concello de Piñor, farán necesario un corte de tráfico desde o vindeiro luns.
Estas intervencións, que están a piques de finalizar, precisarán do peche total da circulación no tramo entre os puntos quilométricos 1+550 e 2+025, desde este luns ata o venres 29 de setembro.
Este corte é necesario para acometer un paso de peóns sobreelevado no punto no que o Camiño de Santiago cruza a estrada.
A Xunta traballa co obxectivo de ter rematada esta actuación, no seu conxunto, a mediados do mes de outubro, tras a achega dun investimento de preto de 300.000 €.
Esta segunda fase dos traballos, actualmente en execución, inclúe a humanización dos tramos entre os puntos quilométricos 1+450 e 1+741 e do 2+025 ao 2+235, o soterramento das redes aéreas de electricidade, iluminación pública e telecomunicacións, así como a elevación de beirarrúas.
Tamén se contempla a disposición dunha nova rede de alumeado público con luminarias de tecnoloxía led para unha mellora da eficiencia enerxética.
Esta intervención completará a remodelación xa executada no treito situado entre os quilómetros 1+741 e 2+025 para protexer a circulación dos peóns e rehabilitar o firme.