Máis de 1.000 alumnos de 4º de ESO de 34 centro galegos participarán na liga impulsada pola Garda Civil para promover a formación en ciberseguridade

Galicia é unha das tres comunidades elixidas formar parte desta actividade xunto con Castela–A Mancha e Madrid

O obxectivo é facilitar aos rapaces claves para facer un uso seguro da internet, no marco dos obxectivos das estratexias Edudixital e Educonvives da Xunta
 

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2023

Máis de 1.000 alumnos de 4º de ESO de 34 centros educativos de Galicia participaran este curso na modalidade preamateur da V Ciberliga 2023, unha actividade teórico-práctica de formación en ciberseguridade e en prol dun exercicio responsable da cidadanía dixital. A iniciativa é impulsada pola Garda Civil e foron elixidas para participar nesta iniciativa Galicia, Castela–A Mancha e Madrid.

Será o Instituto Nacional de Ciberseguridade o que desenvolva a actividade ao longo do primeiro trimestre do curso 2023-2024, con dúas fases clasificatorias. A primeira delas, a nivel galego, consistirá nunha formación en streaming dunha hora de duración á que seguirá un ciber-reto nun espazo virtual seguro no que participará o alumnado en grupos de tres ou catro. Neste ciber-reto terán a oportunidade de por en práctica os coñecementos de ciberseguridade aprendidos na sesión anterior.

Pasarán á segunda fase, a nivel nacional, os cinco mellores equipos clasificados no ciber-reto a nivel galego. Desenvolverase, con similares características e probas, en Aranjuez (Madrid) do 14 ao 16 de novembro.

Os centros galegos participantes son os reflectidos na seguinte táboa:

Provincia
Concello
Centro
A Coruña
A Coruña
CPR Calasanz - PP Escolapios
A Coruña
A Coruña
CPR Plurilingüe Liceo La Paz
A Coruña
A Coruña
IES Agra do Orzán
A Coruña
Betanzos
CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen
A Coruña
Cambre
IES David Buján
A Coruña
Ferrol
CPR Plurilingüe Jesús Maestro
A Coruña
Miño
CPI Castro Baxoi
A Coruña
Narón
IES As Telleiras
A Coruña
Noia
CPR Plurilingüe Maria Assumpta
A Coruña
Rois
CPI Plurilingüe dos Dices
A Coruña
Santiago de Compostela
IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Lugo
Burela
IES Perdouro
Lugo
Cervo
IES Marqués de Sargadelos
Lugo
Foz
CPR Plurilingüe Martínez Otero
Lugo
Friol
CPI Dr. López Suárez
Lugo
Mondoñedo
IES Plurilingüe San Rosendo
Lugo
Monforte de Lemos
CPR Real Colegio Padres Escolapios
Lugo
Sarria
CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción
Lugo
Sarria
IES Gregorio Fernández
Ourense
Coles
CPR Malvedo
Ourense
Ourense
CPR Plurilingüe María Auxiliadora
Ourense
Ourense
CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús
Ourense
Verín
IES Xesús Taboada Chivite
Pontevedra
A Estrada
IES Manuel García Barros
Pontevedra
Marín
CPR Plurilingüe La Inmaculada
Pontevedra
Meaño
IES de Meaño
Pontevedra
Mos
IES de Mos
Pontevedra
Silleda
IES Plurilingüe Pintor Colmeiro
Pontevedra
Tui
CPR Santa María
Pontevedra
Vigo
CPR Plurilingüe Labor
Pontevedra
Vigo
IES Alexandre Bóveda
Pontevedra
Vigo
IES de Teis
Pontevedra
Vigo
CPR Plurilingüe Las Acacias
Pontevedra
Vilagarcía de Arousa
CPR Plurilingüe Sagrada Familia

Esta acción enmárcase no protocolo subscrito no ano 2022 pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Dirección Xeral da Garda Civil, así como nas estratexias Edudixital e Educonvives da Xunta de Galicia. Non en balde, a primeira delas prevé a formación dos estudantes para adaptarse aos desafíos que os esperan no ámbito educativo, persoal ou profesional; mentres que a segunda recolle como unha das súas liñas de actuación o establecemento de actuacións específicas cara a unha convivencia dixital responsable.

Data de actualización: 14/10/2023