O Sergas asina o seu compromiso cos obxectivos de redución de combustibles fósiles na Conferencia das Nacións Unidas da COP28

O Servizo Galego de Saúde reafirma os deberes marcados en canto á descarbonización, coa sinatura da carta aberta da comunidade médica e sanitaria mundial para instar á presidencia da COP28 e aos líderes mundiais sobre a necesidade de eliminar o emprego de combustibles fósiles

Os centros sanitarios públicos galegos están a incorporar a aerotermia e a enerxía fotovoltaica como fontes de enerxía alternativas
 

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2023

O Servizo Galego de Saúde vén de asinar na Conferencia das Nacións Unidas a Carta aberta da comunidade médica e sanitaria mundial para instar á presidencia da COP28 e os líderes mundiais sobre a necesidade de eliminar o emprego de combustibles fósiles.

O texto asinado polo Sergas lembra a necesidade de acabar coa dependencia deste tipo de combustibles para mellorar as perspectivas de saúde da poboación mundial.

Así, xa na Estratexia de Economía Circular do Servizo Galego de Saúde, no seu primeiro eixo vencellado aos recursos e materias primas, establece a necesidade de diminuír o consumo os recursos e, dentro da mesma, inclúe diferentes liñas de acción que van desde a diminución do consumos de combustibles fósiles á mellora da eficiencia enerxética das instalacións do Sergas, ou á substitución progresiva das materias primas con maior impacto no medio ambiente.

Con esta finalidade, a Xunta de Galilcia licitou este ano un contrato por valor de 1,5 millóns de euros para introducir enerxías renovables en 14 centros de saúde galegos, a través da substitución da calefacción convencional por sistemas de aerotermia ou biomasa.

Do mesmo xeito, o Sergas xa reduciu o consumo de combustibles fósiles cun investimento de 7 millóns de euros nas envolventes térmicas do hospital do Meixoeiro ou coa posta en marcha no Hospital Álvaro Cunqueiro de 750 paneis fotovoltaicos. No que atinxe a máis actuacións de dotación de enerxía solar nos centros sanitarios ou de iniciativas contra o cambio climático, destaca a recente licitación das obras vencelladas ao proxecto Life Resystal nos hospitais de Ourense.

Nesta mesma liña, o Executivo galego continua a traballar nos obxectivos da Axenda 2030 en canto ao desenvolvemento sustentable, nomeadamente, nos referidos a: Saúde e Benestar; enerxía accesible e non contaminante; cidade e comunidades sustentables; produción e consumo responsable; acción polo clima e vida dos ecosistemas terrestres.

Data de actualización: 05/11/2023