Miranda califica como “decepcionante e inxustificable” deixar sen turno específico de intervención ás comunidades no Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Asturias áprimeira xornada do III pleno do VIII Mandato do Consejo General de la Ciudadanía Española en elExterior

Oviedo, 06 de novembro de 2023

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe áprimeira xornada do III Pleno do VIII Mandato do Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior que se está a celebrar en Asturias, no que pediu a palabra para cualificar como “decepcionante e inxustificable” deixar sen quenda de intervención específica ás comunidades ao longo deste plenario.

O Secretario da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou tras o remate dos Informes dos vicepresidentes e secretario do Consello Xeral da Cidadanía Española Exterior, a importancia de manter o uso establecido de que os representantes de cada comunidade teñan a súa quenda de palabra neste consello, como viña sendo habitual ata o de agora.

Para Miranda é crucial resaltar que as intervencións dos representantes das comunidades autónomas é unha práctica que forma parte do desenvolvemento normal dos plenos do Consejo, dende fai moitos anos. “Esta práctica é valiosa porque permite áscomunidades explicar as políticas que están a desenvolver a favor dos españoles do exterior, complementando e mesmo substituíndo nalgúns casos, as inexistencia de prestación do Estado. Ademais, porque acodensen ter obriga de facelo.”

Neste senso, sinalou que “isto impide aos representantes dos españoles do exterior coñecer as prestación que ofrecen as comunidades autónomas e así, poidan facerllas chegar aos residentes en cada un dos seus territorios”.

Esperamos que se reconsidere esta decisión, “e así o vai a seguir adefender Galicia, como representante dunha comunidade autónoma que está moi comprometida no traballo a favor dos españoles residentes no exterior, cunha boa valoración polos destinatarios, e mesmo é modelo que seguen moitas outras comunidades, o que avala o acerto dos nosos programas”, engadiu o responsable da Secretaría Xeral da Emigración.

“Dende a Xunta de Galicia rexeitamos que o Goberno do Estado ampare silenciar ás comunidades autónomas no ámbito deste órgano consultivo”, rematou Rodríguez Miranda.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/11/2023