A oferta de emprego público da Admnistración xeral para 2023 ascende a 1.102 prazas, das que o 55% son de acceso libre

Resalta que o Goberno galego “esgota un ano máis” a taxa de reposición que marca o Estado

Salienta que a OPE inclúe “606 prazas de acceso libre, máis de 300 prazas para a promoción interna e 187 para continuar co proceso voluntario de funcionarización do persoal laboral fixo”

O maior número de postos de acceso libre concéntrase no ámbito da loita e prevención de incendios forestais
 

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello aprobou hoxe o decreto de oferta de emprego público (OEP) da Administración Xeral da Xunta e das entidades instrumentais do sector público autonómico para este ano 2023 que ascende a 1.102 prazas, “das que o 55% son de acceso libre”. En concreto, explicou, vanse ofertar “606 prazas de acceso libre, 309 para promoción interna e 187 para avanzar no proceso de funcionarización do persoal laboral fixo”.

Este decreto apróbase logo de recibir o voto favorable dos sindicatos CC.OO. e UXT, e será publicado nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia (DOG). Deste xeito, tal e como resaltou o presidente, o Goberno galego “esgota un ano máis a taxa de reposición imposta polo Executivo central” para cubrir xubilacións, falecementos, renuncias, excedencias ou altas e baixas producidas por concursos de traslados a outras administracións.

A OEP de 2023 inclúe 300 prazas para a promoción interna do persoal funcionario de carreira e outras nove para promoción interna nos entes instrumentais; e 187 postos para continuar co proceso de funcionarización voluntaria do persoal laboral fixo da Xunta pactado no Acordo de concertación para a mellora das condicións do emprego público, asinado en 2019 cos sindicatos CC.OO. e UXT.

A oferta de prazas aprobada hoxe ten a finalidade de garantir a posibilidade de que calquera persoa que cumpra os requisitos poida acceder a un posto de traballo de alta calidade na Xunta de Galicia; que os empregados públicos que xa traballan na Administración galega con carácter temporal poidan consolidar os seus postos de traballo; garantir o dereito á promoción profesional dos empregados públicos; e continuar co proceso de funcionarización voluntaria do persoal laboral fixo.

Prazas de acceso libre

Rueda salientou que o maior número de prazas de acceso libre concéntrase no ámbito da loita e prevención contra incendios forestais. Serán “máis da metade” dos postos ofertados con 334 prazas: 181 na categoría de bombeiro/a forestal; 75 na de bombeiro/a forestal condutor/a; ou 71 na de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.

Outras 94 prazas serán para administración xeral (corpo superior, de xestión e administrativo, persoal subalterno..); dez para reforzar o persoal do Igape (4) e o Instituto para o Control do Medio Mariño en Galicia (6) e 168 para administración especial nas que cómpre destacar, entre outras, 40 prazas para a escala de axentes técnicos en xestión ambiental; 30 na escala de veterinarios; 25 prazas na escala de auxiliares de clínica; 19 prazas para o corpo superior A1; 16 prazas para a escala de sistemas e tecnoloxía da información; ou 15 prazas para a especialidade de psicoloxía e para a especialidade de enfermaría, respectivamente. A todas estas prazas de libre acceso poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos exixidos nas correspondentes convocatorias.

Promoción interna

Ás prazas de acceso libre súmanse outras 300 prazas para a promoción interna do persoal funcionario, uns procesos reservados a empregados públicos que xa son funcionarios e que poden acadar un ascenso ou promoción profesional a postos de traballo de maior responsabilidade e retribución. Ademais, engádense outras nove prazas para a promoción interna nos entes instrumentais.

Funcionarización

Así mesmo inclúense 187 prazas para continuar co proceso voluntario de funcionarización do persoal laboral fixo. Estas probas non teñen carácter competitivo, senón que permiten modificar o réxime xurídico do traballador, que pasa de ser empregado laboral fixo a funcionario de carreira da Administración.

Prazas reservadas para persoas con discapacidade

A reserva de prazas para persoas que acrediten discapacidade nesta oferta de emprego público acada o 11,25 % das prazas. Unha parte delas será para o acceso de persoas con discapacidade intelectual. A reserva é maior do que establece a lexislación, que marca un mínimo do 7 % para facilitar o acceso da discapacidade á función pública.

O presidente da Xunta indicou que en vindeiros Consellos se aprobarán as datas previstas dos exames para que aquelas persoas que están preparando as oposicións teñan “unha orientación” de cando terá lugar o proceso selectivo.

 
 
 
ANEXOS DE PRAZAS
 

Ø Prazas de acceso libre:

 
 
Administración xeral
Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

19
Escala de letrados
10

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

16
Escala superior de finanzas
8

Corpo de xestión (subgrupo A2)

 
Escala técnica de finanzas
8

Corpo administrativo (subgrupo C1)

 

Escala de axentes de inspección:

 
     Especialidade vixilancia de estradas
10
     Especialidade mobilidade
4
Agrupación profesional:
 
     Escala de persoal subalterno
10

     Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais:

 

          Especialidade persoal de limpeza e cociña

9
Total
94
 
 
Administración especial
Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

 
     Escala de enxeñeiros/as:
 

          Especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos

10
     Escala de veterinarios
30
     Escala de facultativos:
 
          Especialidade medicina
10
          Especialidade psicoloxía
15

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

 
     Escala de enxeñeiros/as técnicos/as:
 

          Especialidade enxeñería técnicas de obras públicas

6
     Escala de técnicos facultativos:
 
          Especialidade enfermaría
15
          Especialidade educadores sociais
8

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

 

     Escala de axentes técnicos en xestión ambiental

40

Corpo de axudantes de carácter facultativo (subgrupo C1)

 
     Escala técnica de condución
9

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2)

 
     Escala de auxiliares de clínica
25
Total
168
 
 
Prazas de persoal laboral
Total prazas

III.100 Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

71
V.14 Bombeiro/a forestal
181

V.14a Bombeiro/a forestal condutor/a

75
V.10F Peón forestal
7
Total
334
 
 
Entes Públicos instrumentais
Total prazas

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

4

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

6
Total
10
 
Total prazas de acceso libre: 606
 

Ø Prazas de promoción interna persoal funcionario de carreira:

 
Administración xeral
Total prazas
Corpo superior (A1)
20
Corpo de xestión (A2)
60
Corpo administrativo (C1)
100
Corpo auxiliar (C2)
120
Total
300
 

Ø Prazas de promoción interna entes instrumentais:

 
Entes públicos instrumentais
Total prazas

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

8

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

1
Total
9
 

Total prazas de promoción interna: 309

 
 

Ø Prazas para continuar co proceso de funcionarización:

 
Corpo, escala e especialidade
Total prazas

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

 
     Escala de técnicos facultativos:
 
          Especialidade educador/a social
17

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

 
     Escala técnica de delineantes
1

Corpo de axudantes de carácter facultativo (subgrupo C1)

 
     Escala técnica de gobernantes/as:
 
          Especialidade gobernante/a
7

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2)

 
     Escala auxiliar de coidadores
32
Agrupación profesional (AP)
 
     Escala de persoal de mantemento
34

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (A1)

1

Corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de ciencias, especialidade de Bioloxía (A1)

 
10

Corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de Montes A1)

4

Corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica forestal (A2)

 
1

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da CC.AA. de Galicia escala técnica de restauración-especialidade de documentos gráficos (A2)

1

Corpo administrativo da Administración xeral da Xunta de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade Mobilidade (C1)

 
2

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno (AP)

 
3

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña (AP)

 
 
74
 
 

Total prazas proceso funcionarización: 187

 
 
 
 
                 


Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/11/2023