O presidente do Goberno galego respondeu as preguntas dos grupos parlamentarios no Pleno do Parlamento de Galicia

Rueda defende a xestión económica responsable da Xunta que ten situado Galicia como a comunidade que menos incrementou a súa débeda

 “Temos unha política económica que decidiu non hipotecar as xeracións que viñan despois ao tempo que facer uns servizos públicos sostibles”, d
 

Destaca que é a cuarta comunidade con menos débeda per cápita, cando no 2009 era a sexta con maior endebedamento

Santiago de Compostela,  22 de novembro de 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe o feito de que Galicia é a comunidade que menos ten incrementado a súa débeda e que atribuíu á xestión “responsable” que ten exercido o Goberno galego nesta materia nos últimos 14 anos. 

“Temos unha política económica dun Goberno que decidiu non hipotecar as xeracións que viñan despois ao tempo que facer uns servizos públicos sostibles”, defendeu Rueda no Pleno do Parlamento en referencia á xestión económica do Executivo galego, que ten posibilitado que, na actualidade, a cada galego lle correspondan 2200 euros menos de débeda pública que ao español medio. 

O mandatario galego contrapuxo esta xestión coa practicada polo Goberno bipartito do PSdeG e BNG ao que lle reprochou que cada ano que estiveron na Xunta incrementaron a débeda un 23 % de media anual, mentres que a Xunta logrou reducir esta porcentaxe ao 6 %. 

Do mesmo xeito, puxo en valor que a débeda sobre o Produto Interior Bruto (PIB) está na actualidade 6,5 puntos por debaixo da media estatal, cando no 2009 estaba por riba. Ademais, salientou que Galicia é neste intre a cuarta comunidade con menos débeda por cápita, o  que confrontou coa situación que rexistraba hai 14 anos, na que se situaba como a sexta autonomía con maior endebedamento. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/11/2023