A Xunta celebra a final do Xuventude Crea na categoría de videoxogos en Expocoruña

A Coruña, 25 de novembro de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe á final do programa Xuventude Crea na categoría de videoxogos, que tivo lugar en ExpoCoruña.

Durante estes días, o Goberno galego está dando a coñecer as obras gañadoras en 14 disciplinas distintas. Trátase dun proxecto que ten como finalidade recoñecer o talento da mocidade galega e fomentar o seu espírito creativo.

Data de actualización: 25/11/2023