Nenos e adolescentes participan no parlamento de Galicia no XI Foro Infantil de Unicef

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

O director xeral de Familia Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, participaron hoxe no XI Foro Infantil de Unicef.

Esta actividade enmárcase no Día Mundial da Infancia e é unha oportunidade para achegar as opinións dos consellos locais de participación ás autoridades autonómicas. O evento deu continuidade ao encontro de Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente que se celebrou o pasado día 19 deste mes de novembro na Residencia de Tempo Libre da Xunta no Carballiño.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/11/2023