Miranda viaxa a Venezuela para fortalecer os lazos coa comunidade galega e supervisar a xestión das axudas previstas pola Xunta para os galegos deste país

Esta viaxe mostra o compromiso continuo da Xunta coa súa comunidade no exterior, neste caso, cos galegos de Venezuela

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, mércores 29 de novembro

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, iniciará este mércores unha viaxe a Venezuela co obxectivo de reforzar as relacións coa comunidade galega residente neste país.
 
As reunións planificadas en Caracas con representantes das entidades galegas centraranse en fortalecer as redes de apoio existentes. Estas buscan seguir impulsando a cooperación e o apoio mutuo entre Galicia e os seus emigrantes en Venezuela.
 
Ademais, Miranda fará visitas a entidades galegas situadas en distintos Estados do país, como o Centro Galego de Puerto la Cruz e o Centro Galego de Maracaibo.
Tamén participará no acto de “encendido do Nadal” na Hermandad Gallega de Venezuela, un evento que simboliza a unión e o espírito festivo da comunidade.
 
Esta viaxe mostra o compromiso continuo da Xunta coa súa comunidade no exterior, neste caso, cos galegos de Venezuela.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 29/11/2023