Lorenzana subliña que o congreso Maritime Trends serve como ponte entre ideas e accións para impulsar o sector

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou esta tarde en Vigo nun networking no marco desta iniciativa que se desenvolve hoxe e mañá

Compartir
  • whatsapp

Vigo, 29 de novembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, sinalou esta tarde en Vigo, durante a súa participación nun networking dentro de Maritime Trends, congreso de referencia da industria naval, marítima e portuaria, que este encontro serve como ponte entre ideas e accións para impulsar o sector.

Lorenzana sinalou que Galicia ten moito que dicir sobre como fortalecer e aproveitar as capacidades para dinamizar a súa capacidade de valor; o impacto económico do transporte marítimo autónomo; as novas tendencias da industria; a innovación, a dixitalización e a redución de emisións ou a eólica mariña, algunhas das temáticas que se abordan no encontro. Neste sentido, subliñou que Galicia ten e pode asumir un papel de liderado nacional e internacional en todos estes aspectos.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 29/11/2023