Galicia comparte a importancia de dixitalizar o patrimonio con Asturias, Cantabria e Castela León

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2023
Compartir
  • whatsapp

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe na rolda de prensa do proxecto Stellae 5.0 Patrimonio Dixital vinculado ao Camiño de Santiago, onde compartiu con representantes de Asturias, Cantabria e Castela León a importancia da colaboración público-privada para a universalización e dixitalización do patrimonio cultural.

No marco desta cita, organizada pola Conferencia de Reitores das Universidades e Institutos Politécnicos del Suroeste Europeo (CRUSOE), o titular de Cultura da Xunta de Galicia destacou a importancia do traballo feito nas universidades para, a partir deste coñecemento, poñer en valor “un dos grandes tesouros de Galicia e de todo o mundo”.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 01/12/2023