Diego Calvo asiste a un xantar na asociación Banco de Alimentos de Santiago con persoas voluntarias da entidade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe no xantar da Asociación Banco de alimentos de Santiago, onde destacou a importancia do labor desenvolvido pola entidade en beneficio de persoas e familias con dificultades para acceder a víveres e produtos de primeira necesidade. Diego Calvo agradeceulles ás persoas voluntarias a súa xenerosidade por destinar o seu tempo, especialmente netas datas pero tamén ao longo do ano, a construír unha Galicia mellor, “solidaria e sensibilizada ante situacións de vulnerabilidade que, moitas veces sen sabelo, están nas nosas contornas máis próximas”.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/12/2023